martes, 3 de noviembre de 2026

" FESTIVAL DE TÍTERES "

 Non houbo mellor xeito de arrincar o curso que cun Festival de Artistas!

O primeiro día transformamos o cole nun gran escenario con 7 estacións artísticas. Por grupos o alumnado foi rotando e tocoulles facer de todo: bailaríns, malabaristas, equilibristas, acróbatas e ata magos ou prestidixitadores.

Risas, creatividade e moitísimo talento para un inicio de curso que foi todo un éxito.








lunes, 2 de noviembre de 2026

" Familias lectoras en educación infantil "

 Maika e Lara visitáronnos a semana pasada para contarnos contos. A verdade que o pasamos xenial. Encántanos que as familias veñan compartir con nós á hora da lectura.

 https://biblioaguia.blogspot.com/2026/11/familias-lectoras-en-educacion-infantil.html

" EN SAMAÍN CON SUMO COIDADÍN "

O alumnado de infantil e primaria converteuse en experto en consumo responsable grazas ao obradoiro “En Samaín con sumo coidadín”, celebrado do venres 16 de outubro e ofertado dende A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN.

A través de contos, xogos e manualidades, aprendemos a elixir disfraces seguros, que indiquen a composición, que non sexan inflamables ou que non conteñan pezas pequenas.

Os máis pequenos gozaron con Cabaciña quere disfrazarse e fixeron a súa cabaza. 1º e 2º cazaron os 7 erros de Samaín e deseñaron máscaras e de 3º a 6º convertéronse en inspectores de etiquetas.

Foi unha mañá de moito medo e moita aprendizaxe!




 

jueves, 22 de octubre de 2026

" Obradoiros mamás "

Os nenos e nenas de primero e segundo tiveron un obradoiro moi especial.  Andrea P., Lorena e Andrea axudáronnos a preparar  unha manualidade de Samaín relacionada co noso Proxecto de A Guía Titiriteira. Con moita paciencia e agarimo ensinaronnos como facer uns simpáticos monicreques de bruxas que agora decoran as nosas aulas e que levaremos para casa no Samaín.

Donde aquí queremos darlles as grazas por preparar este gran obradoiro e pasar este fermoso momento con nós!!






viernes, 9 de octubre de 2026

" Inventando historias "

 Deixámosvos o enlace do noso blog de biblioteca para que lle votedes un ollo ao traballo realizado polo alumnado de infantil no obradoiro dos mércores.

 https://biblioaguia.blogspot.com/2026/10/inventando-historias.html


 

lunes, 28 de septiembre de 2026