CEIP A Guía
lunes, 26 de enero de 2026
miércoles, 21 de enero de 2026
martes, 20 de enero de 2026
lunes, 19 de enero de 2026
" Obradoiro de apicultura "
O luns tivemos a sorte de contar con Dani Currás, apicultor do Concello de Moaña, que nos explicou un montón de cousas interesantes sobre as abellas: como son, onde viven, onde teñen os seus sentidos, como se organizan, os tipos que hai...Así mesmo, falounos dos seus productos. Tivemos a sorte de degustar dous deles: mel e pole.
viernes, 16 de enero de 2026
miércoles, 14 de enero de 2026
MES da CIENCIA
Xa sabedes que este ano o proxecto do cole "A GUIA TV" estará vinculado á CIENCIA e aproveitando o mes da ciencia en 5º de EP convertímonos en científic@s.
Neste mes estivemos a traballar os pasos imprescindibles do MÉTODO CIENTÍFICO: facernos PREGUNTAS, INVESTIGAR por varios medios dixitais, orais, impresos..., REALIZAR experimentos, OBSERVAR pacienctemente, crear HIPÓTESIS e sacar CONCLUSIÓNS.
Neste vídeo podedes ver algunhas cousiñas das que gozamos durante estes meses xunt@s.
E despois destas investigacións Nico trouxo a clase un proxecto moi interesante: Facer un ECOSISTEMA TERRESTRE na aula e ver se éramos quen de mantelo vivo.
Aquí tendes un resumo do proceso.
Animámosvos a facer un para a vosa casa e observalo!!!
(Por se alguén quere facer este experimento na casa non colgaremos no blog ás nosas conclusións pero se queredes sabela só tendes que preguntar ao alumnado de 5º de EP. )
NORABOA CIENTÍFIC@S!!!!
ORALIDADE en 5º de EP
Durante o primeiro trimestre traballamos arreo a oralidade de cara ao proxectos do cole "A GUIA TV". Fixemos contacontos con obxectos, poemas ilustrados, presentamos proxectos, rcomendamos libros na radio escolar, fixmeos debates e postas en común e preparamos contos
E despois de todos este traballo o alumnado de 5º EP preparou unha sesión de "CONTOS de NADAL" para o alumnado de 1º, 2º e 3º de EP.
Noraboa polo voso traballo!!!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
.png)
.png)
